Debate sobre o Estado da Nación galega

Debate sobre o Estado da Nación galega

galizasi_1Os vindeiros 7 e 8 de outubro o Parlamento de Galiza realizará o debate anual sobre o estado da nación galega. Por este motivo o Bloque Nacionalista Galego abriu un espazo web para que nos achegues as túas propostas de cara a este importante debate no que se poñen enriba da mesa os problemas de Galiza, mais tamén as solucións:

http://bng.gal/galizasi/

Aí atoparás a axenda de reunións do grupo parlamentar con colectivos sociais afectados pola crise económica e as políticas do PP, así como imaxes e noticias relacionadas con este evento parlamentar.

O debate comezará o martes 7, ás 10:00, e poderás seguilo na emisión en directo da TVG e a RG, así como na crónica que faremos no Twitter do BNG (@obloque). Aproveita para manifestar a túa opinión e participar do debate nas redes sociais.

http://www.reddit.com/r/galizasi/

Abrimos tamén unha canle en Reddit. Esta rede, na que o BNG é pioneiro en Galiza, permitiranos estabelecer un debate máis próximo co pobo, utilizando unha ferramenta sinxela, áxil e versátil.

Inauguramos a fiestra “Galiza Si!” en Reddit cun debate con Francisco Jorquera, o noso portavoz no Parlamento Galego, onde lle poderás deixar as valoracións e preguntas sobre os problemas da nosa terra que quixeres.

Participa! Este si é un debate sen cancelas!

Debate sobre o Estado da Nación galega