Continúan os retrasos na construción do novo CEIP

Continúan os retrasos na construción do novo CEIP

No pleno que se celebrou o pasado xoves, o Bloque Nacionalista Galego solicitou que o Concello apoie as reivindacións que as ANPAS presentaron ante a Consellaría de Educación polos retrasos acumulados nas obras do IES, e se aclaren os prazos para a posta en funcionamento do novo centro.

Así mesmo, e á vista da resposta que se deu no Parlamento ao deputado do BNG Cosme Pombo sobre o retraso que tamén afecta ás obras do novo Colexio de Infantil e Primaria, na que a Consellaría sinalaba que o culpable era o Concello, porque aínda non cedera os terreos dotados dos servizos de auga, luz e saneamento e agrupados nunha soa parcela, preguntouse sobre a veracidade desas afirmacións, que foi admitida polo Alcalde, achacando o retraso a trámites de rexistro das parcelas.

Dende o BNG de Culleredo demandamos do Concello celeridade na resolución destes trámites, pois a forza de pasar balóns dun tellado para outro os alumnos e alumnas seguen a sofrir as consecuencias da saturación nos centros existentes.

PARQUE INFANTIL DE CELAS

No mesmo Pleno tamén se aprobou a mellora do Parque Infantil da Torre de Celas, que fora solicitada a instancias dos veciños e veciñas nun pleno anterior polos representantes do BNG.

Continúan os retrasos na construción do novo CEIP