Continúa sen se tramitar o concurso para o subministro de auga

Continúa sen se tramitar o concurso para o subministro de auga

Un mes despois de que o Goberno Municipal prorrogase, saltándose os reparos da Secretaría e da Intervención municipais, o servizo de subministro de auga, segue sen publicarse a convocatoria para a súa contratación.

Dende o BNG gostaríanos preguntarlles aos concelleiros de PSOE e APdC se aínda non tiveron tempo, como dixeron hai un mes, de elaborar os pregos de contratación, e canto tempo máis pensan que tardarán en telos preparados.

Lembrámoslles que o servizo está a ser prestado en precario, dada a moi dubidosa legalidade da prórroga que aprobaron no pleno do pasado mes de xuño, tal e como informan as funcionarias encargadas da fiscalización municipal, que din expresamente que "é imposíbel unha nova prórroga do contrato" (sería a segunda en 25 anos) e que "se están a incumprir os requisitos legais básicos".

Solicitamos do Goberno municipal que poña fin rápido a esta situación, que podería dar incluso lugar a responsabilidades penais, e que a xestión do servizo de augas sexa asumida, como servizo público básico que é, directamente polo Concello, no cumprimento da súa obriga de velar polo interés xeral dos veciños e veciñas, non polo beneficio económico dalgunha multinacional.

Continúa sen se tramitar o concurso para o subministro de auga