Charla informativa sobre as pensións dos emigrantes retornados

Charla informativa sobre as pensións dos emigrantes retornados

1237943_474822522616227_311096882_nMañán mércores, día 23 de outubro, ás 20.30 horas, terá lugar na Sala de Vídeo do Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo un acto informativo organizado polo Bloque Nacionalista Galego de Culleredo no que se tratará a problemática das sancións que o goberno do PP impón ás pensións dos emigrantes retornados.

Milleiros deles, con pensións do estranxeiro, están a recibir requerimentos da Axencia Tributaria con comunicación de posíbeis sancións, por unhas obrigas que descoñecían e tras ser, en moitos casos, mal informados pola propia Axencia Tributaria. Mentres, aos auténticos defraudadores fiscais o Goberno español lles concedeu amnistía fiscal.

O acto é aberto á participación de toda a veciñanza e dos afectados por esta problemática en particular, será presentado pola nosa voceira municipal, Raquel Jabares, e nel contaremos coa presenza de Manuel Vázquez, membro da asociación de emigrantes retornados Maruxía, e de Rocío da Igrexa, membro do Consello Comarcal do BNG e experta en temas fiscais, a fin de explicar o problema, aclarar dúbidas e informar dos pasos que se están a dar para conseguir unha solución.

Charla informativa sobre as pensións dos emigrantes retornados