Charla informativa sobre a factura da luz

Charla informativa sobre a factura da luz

cartazmultiples

O vindeiro mércores, 22 de xaneiro, ás 20.00 h., en Servizos Múltiples do Burgo, terá lugar unha charla informativa sobre o mercado eléctrico, organizada polo Bloque Nacionalista Galego de Culleredo.

Nela abordaranse temas coma os distintos conceptos que se inclúen no recibo, o proceso de fixación da tarifa eléctrica, ou as alternativas ás subministradoras tradicionais.

O acto será presentada por Xabier Rioboo, responsábel local do BNG, e contará coa intervención de Fernando Branco, ex-deputado do BNG no Parlamento Galego, e Pablo Álvarez, da cooperativa galega de xeración e consumo Nosa Enerxía.

Charla informativa sobre a factura da luz