O BNG reclama regularizar o contrato de mantemento de aseos públicos

O BNG reclama regularizar o contrato de mantemento de aseos públicos

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo reclamou, no último pleno, a creación dun servizo de mantemento dos aseos públicos do Concello, que actualmente supón un gasto mensual superior aos 2.600 € e conta co reparo da Intervención e da Secretaría municipais xa que non se axusta aos procedementos legais.

A proposta do BNG, aprobada por unanimidade, solicitaba a substitución dos aseos químicos portátiles contratados de xeito ilegal segundo os informes e a creación dun servizo de mantemento municipal, así como a dotación de aseos públicos en parques e espazos ao aire libre onde, pola afluencia de persoas, se determine a súa necesidade.

Contrasta ese gasto ilegal de 2.617€ mensuais coa existencia de aseos públicos pechados no Paseo Marítimo. Preguntado o Goberno Municipal sobre eles, a súa resposta nas Comisións Informativas foi que "é moi caro mantelos", pero sen aportar datos sobre o coste dese mantemento.

Tono Chouciño manifestou que "o que sempre resulta máis caro é abandonar e deixar caer o que temos, unhas infraestruturas que costaron os seus cartos e na actualidade só se empregan como lenzo de pintadas"

O BNG reclama regularizar o contrato de mantemento de aseos públicos