O BNG pide a rexeneración ambiental das canteiras usadas na ampliación do aeroporto

plantación carballos no polígono de albedro
O BNG pide a rexeneración ambiental das canteiras usadas na ampliación do aeroporto

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Tono Chouciño, reclamou no último pleno a rexeneración ambiental das parcelas, colindantes á Rúa Cruz do Monte, nas proximidades do punto limpo, empregadas para a extracción de material destinado ao recheo da ampliación da pista de Albedro.

Lembrou a plantación de árbores que recentemente se realizou nos xardíns públicos pola empresa encargada das obras de ampliación, a UTE Alvedro, para compensar os 37.873 m2 de masa arbórea perdida e tamén os titulares que insinuaban que con esta actuación a empresa "despedíase" de Culleredo, coma se as responsabilidades ambientais rematasen aí, mentras eses terreos continúan en estado de total abandono.

A restauración e integración paisaxística das zonas de préstamo era unha das obrigas impostas para a autorización do proxecto de ampliación do aeroporto e que tamén está recollida na lexislación actual, polo que Tono Chouciño pediu ao Goberno Municipal que exixa o cumplimento da normativa vixente á empresa e aos organismos responsábeis.

 

 

O BNG pide a rexeneración ambiental das canteiras usadas na ampliación do aeroporto