O BNG denuncia o pésimo estado da rede semafórica de Culleredo

O BNG denuncia o pésimo estado da rede semafórica de Culleredo

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo denunciou en reiteradas ocasións, ante o Goberno Municipal, o pésimo estado da rede semafórica de Culleredo. En concreto na estrada AC211, que vai da Ponte do Burgo a Fonteculler non hai prácticamente un só grupo semafórico que funcione correctamente.

Ante a insistencia do voceiro nacionalista, Tono Chouciño, a única resposta obtida de parte do Goberno Municipal foi a de agocharse detrás das competencias, desviando a responsabilidade cara outras administracións, polo que facemos un chamamento á súa responsabilidade para evitar danos persoais de difícil reparación, e esiximos a pronta reparación dos desperfectos nos semáforos

O BNG denuncia o pésimo estado da rede semafórica de Culleredo