O BNG denuncia o incumprimento polo Concello da súa Ordenanza de Accesibilidade

O BNG denuncia o incumprimento polo Concello da súa Ordenanza de Accesibilidade

Recentemente téñennos chegado distintas denuncias veciñais por obstáculos nas beirarrúas que dificultan o paso. Esta semana foron os veciños e veciñas do Burgo os que protestaron pola instalación de terrazas de establecementos hosteleiros que dificultan o paso, e xa anteriormente foron os veciños da Praza da Sagrada Familia, en Vilaboa.

Neste último caso é o propio Concello o que instalou uns maceteiros de grandes dimensións que supoñen un obstáculo para o paso de persoas con carros de bebé ou cadeiras de rodas.

20140814_170429 rdxAs súas demandas foron expostas polo BNG ao Goberno Municipal, sendo a súa resposta a de "que vayan por otro sitio". Esa contestación, tendo en conta que nas inmediacións da praza hai varios espazos reservados para aparcamento de persoas con dificultades de mobilidade, e establecementos públicos como o Centro Social e a oficina de Correos, non nos parece propia dun grupo de goberno que se di progresista.

Segundo a normativa en materia de Accesibilidade do Concello de Culleredo, aprobada o 12 de decembro de 2008, débese deixar un paso libre de 1,50 metros, que non se está a cumplir.

Dende o BNG de Culleredo vémonos na obriga de solicitar públicamente do Goberno Municipal o cumplimento da súa propia normativa e a toma das oportunas medidas que restitúan a liberdade de tránsito das persoas polas vías públicas, tamén daquelas con dificultades de mobilidade.

O BNG denuncia o incumprimento polo Concello da súa Ordenanza de Accesibilidade