O BNG denuncia a destrución de espazos naturais na limpeza dos ríos Trabe e Regueira

O BNG denuncia a destrución de espazos naturais na limpeza dos ríos Trabe e Regueira

O BNG denuncia as limpezas sumamente agresivas efectuadas nos ríos Trabe e Regueira, nas que se arrasarou con toda a vexetación de ribeira, esencial para preservar a pouca vida que queda neses ríos, alterando gravemente o hábitat fluvial, no que se pode cualificar de atentado contra a biodiversidade nuns espazos xa moi degradados pola presión humana.

No río Trabe, en Vilaboa, e malia que a autorización dada por Augas de Galiza ao Concello fai referenza expresa á que a limpeza do cauce se ten que realizar de xeito manual, empregouse maquinaria pesada, que tamén se empregou para alterar, en dúas ocasións, o cauce do Río.

río trabe encauzado

río trabe cauce cegado

 

 

 

 

 

 

No caso do río Regueira, en Tarrío, tamén se empregaron pas excavadoras para eliminar a vexetación, talándose árbores autóctonas propias da vexetación de ribeira, como ameneiros, mentras sque deixaron en pé eucaliptos, seguindo un peculiar criterio.

río regueira ameneirorío regueira muíño

 

 

 

 

 

 

Dende o BNG de Culleredo demandamos a recuperación e posta en valor de ambos espazos, que agochan aínda restos do noso patrimonio natural, cultural e etnográfico.

O BNG denuncia a destrución de espazos naturais na limpeza dos ríos Trabe e Regueira