O BNG demanda solucións ao estado das instalacións deportivas recén reformadas

O BNG demanda solucións ao estado das instalacións deportivas recén reformadas

O voceiro do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo, Tono Chouciño, preguntou ao Goberno Municipal polo estado de instalacións deportivas municipais recentemente remodeladas, e que acumulan incidencias na súa conservación, previsiblemente polas présas por inauguralas antes das eleccións.

En concreto, preguntouse polas repetidas inundacións no campo de fútbol de Rutis, onde se instalou herba artificial hai menos dun ano, cun orzamento superior ao medio millón de euros, e xa ao pouco da súa da súa inauguración tivo problemas pola chuvia, fenónemo pouco frecuente no noso país, problemas que a día de hoxe continúan.

No pavillón do colexio Ría do Burgo o recén instalado parquet, no que o Concello gastou 80.000€, sofreu deterioro por mor das canastras inaxeitadas subministradas pola empresa instaladora do pavimento.

En ambos os casos, reclamamos do Goberno Municipal unha pronta e axeitada solución con cargo as garantías a que están obrigadas as empresas constructoras legal e contractualmente.

SORTEO PÚBLICO DAS PRAZAS DA CAMPAÑA DE ESQUÍ

Por outra banda, o BNG-Asembleas Abertas demandou do Goberno Municipal a celebración pública do sorteo das prazas correspondentes a Culleredo dentro da campaña de esquí promovida pola Deputación da Coruña, que finalmente se celebrará no Conservatorio de Música o mércores 27 ás 11.00h.

O BNG demanda solucións ao estado das instalacións deportivas recén reformadas