O BNG demanda investigar as causas do escape de gas en Acea de Ama

O BNG demanda investigar as causas do escape de gas en Acea de Ama

O Pleno Municipal de Culleredo aprobou por unanimidade a moción do BNG-Asembleas Abertas de Culleredo na que se reclamaba a investigación das causas que levaron ao escape de gas en Acea de Ama o pasado 8 de xaneiro.

Tono Chouciño manifestou a súa estrañeza porque nos rexistros dos controis de rotina, efectuados pola empresa subministradora, figurase que o control do OCA (Organismo Colaborador da Administración), encargado de certificar que a instalación é segura, era "non verificábel".

O voceiro nacionalista reclamou ademais a reposición do servizo en condicións de seguridade e de acordo co establecido na normativa vixente, rematando coas numerosas incidencias que se están a producir na actualidade nas vivendas da zona.

"Na actualidade o servizo estase a prestar en condicións que non parecen as máis acaídas, cun tubo flexíbel metido a través da rede de sumidoiros até o punto de enganche, o que non parece o máis axeitado nin para a seguridade nin para a calidade do servizo"

O BNG demanda investigar as causas do escape de gas en Acea de Ama