O BNG demanda información sobre os terreos da Cross

O BNG demanda información sobre os terreos da Cross

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo presentou no Rexistro Municipal unha solicitude de información sobre o estado de descontaminación dos terreos da fábrica da Cros, o importe real da inversión feita e o orzamento previsto para rematar as fases pendentes do proxecto de recuperación.

Tono Chouciño manifestou a importancia de coñecer estos datos para poder dar utilidade e pór en valor unhas instalacións "nas que se realizou unha importante inversión de cartos públicos e que agora se están deixando deteriorar ás inclemencias do tempo, sen que ninguén nos diga tan sequera se aínda supoñen un risco para a saúde pública".

Neste senso lembrou que en decembro de 2014, o Secretario Xeral Técnico da Consellería de Educación, contestou a preguntas do parlamentario do BNG, Cosme Pombo, que rexeitara o ofrecemento do concello da estrutura e terreo da fábrica da Cros para a construción do novo colexio de Culleredo, debido á súa “insuficiente descontaminación”

Para o voceiro nacionalista, as instalacións e os terreos están nun emprazamento privilexiado que as fai idóneas para acoller dotacións sociais e culturais que dean servizo non só aos veciños e veciñas do noso Concello, senón tamén dos concellos limítrofes, situando a Culleredo no epicentro da comarca e aproveitando a convocatoria de axudas dos fondos FEDER a Unión Europea, onde este proxecto tería cabida.

 

 

O BNG demanda información sobre os terreos da Cross