O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Educación

O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Educación

Logo das demoras na construción do novo IES e do Colexio, do que aínda non comezaron as obras, dos problemas dos comedores escolares, da demora para dotar cunha liña eléctrica acorde coas súas necesidades ao Colexio de Tarrío, asistimos agora a un baile de datos sobre a oferta educativa dos diferentes centros para o vindeiro curso, nomeadamente na etapa de Bacharelato.

A propia Consellaría de Educación fala de "falta de definición do mapa educativo no Concello de Culleredo", que está a xerar unha total incerteza na totalidade da comunidade educativa.

Ante este acúmulo de feitos e a pasividade do Goberno Municipal á hora facerlles fronte, o BNG-Asembleas Abertas rexistrou unha petición o pasado 22 de marzo para a constitución inmediata do Consello Sectorial de Educación, e que despois de 9 meses da súa aprobación, segue sen ser convocado.

Para Tono Chouciño "é unha total falta de respecto á cidadanía de Culleredo que o Consello Sectorial de Educación siga sen estar constituído case un ano despois de ser creado por decisión plenaria, mentres o Goberno Municipal convoca ás asociacións ás agochadas para falarlles das marabillas duns Consellos que se nega a convocar".

O BNG demanda a constitución do Consello Sectorial de Educación