O BNG cualifica o anuncio de superávit económico de propaganda electoral

O BNG cualifica o anuncio de superávit económico de propaganda electoral

Ante o recente anuncio de superávit económico por parte do Goberno Municipal, dende o BNG de Culleredo lamentamos fondamente que en lugar de solucionar os problemas e deficiencias que sofremos cada día, se aposte por unha política netamente propagandística.

Esta política nos leva a que a día de hoxe aínda se estean comezando a maior parte das obras previstas para o 2014, e así aproximalas o máis posíbel á campaña electoral, dilatando ao máximo os prazos de resolución dos procedementos de contratación, sen importarlles deixar Culleredo cunha soa biblioteca municipal para 30.000 habitantes, ou que os veciños e veciñas teñan que ir de Vinxeira a Sueiro esquivando os baches da estrada.

O concello, ante as queixas dos veciños, contesta autorizándoos a repararar eles os desperfectos

Non entendemos como habendo ese superávit se consinte, por exemplo, o abandono totalmente palpable dos elementos do mobiliario urbano, chegando a decirlle aos veciños, ante as súas queixas, que os autorizan a eles a repor os elementos danados.

IMG-20150220-WA0006Lamentamos que o goberno municipal estea máis ocupado en quen sae na foto e na súa fractura interna, e solicitámoslles adiquen algo do seu tempo a resolver os problemas dos seus veciños e veciñas, e a aplicación dunha política de contratación máis rigurosa, para que non lles siga sucedendo que as obras inauguradas a bombo e platillo se deterioran aos poucos días, como aconteceu na Praza de Europa do Burgo e acontece coas goteiras que caen sobre o flamante novo parquet instalado no Pavillón do Ría do Burgo.

O BNG cualifica o anuncio de superávit económico de propaganda electoral