O BNG aposta por unha xestión municipal planificada e a remunicipalización de servizos

O BNG aposta por unha xestión municipal planificada e a remunicipalización de servizos

Candidatura BNG (43) rdx rcO BNG-Asembleas Abertas de Culleredo considera necesaria unha profesionalización e unha planificación da xestión municipal, para que casos coma o da saturación dos centros educativos non se volvan repetir.

O goberno municipal está en posesión de todos os datos necesarios para coñecer as necesidades do Concello, polo que tampouco é normal que se produzan casos coma o do contrato de subministración de auga, prorrogado en xuño do ano pasado in extremis, despois de 25 anos, e en contra dos informes da Secretaría e da Intervención municipais, que consideran que a prórroga é ilegal.

Case un ano despois o contrato segue sen estar tramitado, o que constitúe un exemplo palpábel da desidia e do desinterese co que traballou o actual goberno municipal, esquecendo cumprir cos seus deberes de boa xestión dos servizos públicos.

O BNG-Asembleas Abertas de Culleredo proponse recuperar a xestión deste servizo, na liña do que se está a facer nas principais cidades europeas, mellorando a súa xestión e abarantando os seus custes, de xeito que dita rebaixa repercuta nos veciños e veciñas de Culleredo.

#cambiemosCulleredo #dependedenós

O BNG aposta por unha xestión municipal planificada e a remunicipalización de servizos