CULLEREDO

Balance dun ano en Culleredo

Tono Chouciño

Un ano despois podemos dicir que acertamos de cheo ao apostar por Tono Chouciño, alguén sen militancia política que se achegou ao proxecto das Asembleas Abertas dende a indignación e o convencimento de que é preciso un cambio profundo, fronte a outras opcións que o fixeron por persoas habituais e cunha longa experiencia no Concello ou nas súas cercanías.

Balance dun ano en Culleredo

Estes días cumprese un ano das últimas eleccións municipais, ás que o BNG se presentou cunha lista renovada, con gran número de independentes nos primeiros postos e coa máxima de democratizar e abrir as estructuras do Concello aos seus veciños e veciñas, para que coñeceran o seu funcionamento e tomaran parte das decisións.

Aínda que os resultados a curto prazo foron malos, obtendo un só representante, un ano despois pódese dicir que o BNG de Culleredo acertou de cheo ao apostar, fronte a outras opcións que o fixeron por persoas habituais e cunha longa experiencia no Concello ou nas súas cercanías, por Tono Chouciño, alguén sen militancia política que se achegou ao proxecto das Asembleas Abertas dende a indignación e o convencimento de que é preciso un cambio profundo.

Para Tono Chouciño o máis negativo foi o nivel de degradación que se percebe e que se translada aos cidadáns en xeito de ineficacia e de improvisación constante, "despois de 33 anos no goberno, o PSOE estaba acostumbrado a barrer para debaixo da alfombra, pero a alfombra xa non dá para tapar máis".

Do positivo apunta o contacto directo cos veciños e veciñas "a xeira de Asembleas Abertas que realizamos polas parroquias e os contactos e reunións coas distintas asociacións de Culleredo permitíronnos coñecer moitos dos seus problemas e traballar na súa solución".

Pon como exemplo as carencias de alcantarillado en zonas do rural, o asfaltado do camiño de Orro á Zapateira, ou a creación dunha cobertura no parque de Ledoño, para os que se destinaron partidas económicas despois da recollida das demandas veciñais polo BNG e o seu translado ao Concello. "Son só uns exemplos, e son consciente de que aínda queda moito por facer, pero nos dan azos para seguir avanzando neste camiño."

 

 

Balance dun ano en Culleredo