Asemblea Aberta en Vila Melania

Asemblea Aberta en Vila Melania

Unha vez pasadas as eleccións xerais nas que Nós-Candidatura galega non acadou representación no parlamento español e, polo tanto, logrando uns malos resultados, dende o BNG-Asembleas Abertas de Culleredo gustaríanos analizar convosco aquelas cuestións locais que puideran ter influído tanto no desenvolvemento da campaña como as causas que teñen provocado esta situación, así como aquelas medidas que poidan servir para reconducila.

Queremos tamén informarvos do proceso que estamos a desenvolver de cara á XV Asemblea Nacional do BNG, que terá lugar no Palexco da Coruña o domingo 28, e informarvos do traballo desenvolto dende o Concello.

É por iso que gostariamos de contar coa vosa participación na Asemblea Local Aberta que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, ás 19.30h., no Pazo de Vila Melania, Vilaboa, coa seguinte orde do día:

— Análise da campaña e resultados das eleccións xerais 2015

— XV Asemblea Nacional do BNG

— Información municipal

— Quenda aberta de intervencións

 

 

Asemblea Aberta en Vila Melania