ASEMBLEAS ABERTAS

Asemblea Aberta en Castro-Laxe

Este domingo día 8, a partir das 18.00 horas, celebraremos unha Asemblea Aberta no local da Asociación Cultural e Recreativa de Castro e Laxe.

"Moita xente nos pregunta polos asuntos do Concello, tamén polo novo PXOM. A falta de resposta do Goberno Municipal fai que teñamos que ser nós quen informe á xente do estado da tramitación, da falla de transparencia, e das posibilidades que quedan chegado este punto".

Asemblea Aberta en Castro-Laxe

O BNG de Culleredo celebrará este domingo día 8, a partir das 18.00 horas, unha Asemblea Aberta no local da Asociación Cultural e Recreativa de Castro e Laxe.

Esta Asemblea encádrase dentro da xeira que estamos a realizar por distintos lugares do noso Concello para informar aos veciños e veciñas de Culleredo do traballo que se está a facer e de asuntos de máxima importancia como son o novo PXOM ou o desenvolvemento dos Orzamentos Participativos para o 2017.

O voceiro nacionalista, Tono Chouciño, cre que é moi importante a celebración destas Asembleas xa que "moita xente nos pregunta polos asuntos do Concello, tamén polo novo PXOM. Todos os días algúen me di "que vai pasar coa finca que teño en tal sitio?" ou "fixen unha reclamación e non ma contestaron". Esa falta de resposta do Goberno Municipal fai que teñamos que ser nós quen informe á xente do estado da tramitación, da falla de transparencia, e das posibilidades que quedan chegado este punto".